LL.GG. 2024 – ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Exposición e actividades realizadas co alumnado do centro:

Durante os días 15 e 16 de maio, o alumnado coa materia de galego, e tamén algúns de francés, inglés e EBI, fixeron un percorrido pola exposición de carteis que se atopa no centro, adicada á escritora Luísa Villalta. homenaxeada este ano no día das Letras Galegas, para coñecer así un pouco máis da súa curta vida e prolífica obra. Tamén puideron saber que outros autores foron homenaxeados neste día en anos anteriores.