8M-ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Actividades conmemorativas feitas con motivo do 8 de marzo.

Na EPA Berbés queremos lembrar por que se celebra o 8 de marzo, unha data que conmemora a loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos, oportunidades e recoñecemento na sociedade. Con este motivo, no noso centro contamos cunha exposición explicativa na que o alumnado pode coñecer a orixe desta xornada, os feitos históricos que a motivaron e a importancia de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.