Convocatoria 2025
A EPA Berbés participa no programa Erasmus+ grazas á súa Acreditación KA120-ADU, que permite desenvolver proxectos de mobilidade para o profesorado e para o alumnado adulto. O noso obxectivo é abrir o centro a Europa, mellorar a formación do persoal docente e ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe a un alumnado diverso, con especial atención ás persoas con menos oportunidades.
As mobilidades inclúen cursos, estadías educativas e actividades formativas en institucións europeas —como o Parlamento Europeo—, reforzando a inclusión, a participación democrática, a sustentabilidade e a transformación dixital. Erasmus+ axúdanos a medrar como centro, a innovar e a conectar a nosa comunidade educativa con Europa.