Quen somos?

Somos un centro público dependiente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

A nosa oferta educativa está dirixida a todas as persoas que teñan mais de 18 anos e sen límite de idade, xa que está pensada para unha formación permanente ó longo da vida. Conta cunha variedade de ensinanzas e modalidades; e con flexibilidade horaria (mañá, tarde e noite).

Organigrama do centro

Equipo directivo

Dirección
Vicedireccion
Xefatura de Estudios
Secretaría

Consello escolar

5 representantes de alumnos
1 representante do Concello
Respresentantes Equipo Directivo
5 Representantes Profesores
1 representante Persoal non Docente

Claustro de profesores

29 profesores/as

Persoal non docente

2 Auxiliares Administrativos
2 Conserxes
1 limpiadora

Organigrama do centro

Instalacións

Aula de tecnoloxía (Departamento de Física e Química)

Atópase situada no 1º andar e ten unha capacidade para 36 alumnos.

Dispón dun equipo de proxección para as clases.

Conta tamén con materiais de análise químico, electricidade…

Aula de informática

A aula de informática está situada no 1º andar e está dotada dun equipo de proxección e 25 ordenadores con conexión a internet de alta velocidade.

Nesta aula realízanse actividades regradas (dos distintos módulos) e non regradas (Curso de Iniciación á Informática)

Laboratorio (Departamento de Ciencias Naturais)

Atópase situada no 1º andar e ten unha capacidade para 30 alumnos.

Dispón dun equipo de proxección para as clases.

Conta tamén cunha colección de rochas e minerais, microscopios e preparacións microscópicas, lupas binoculares, material de disección…

Biblioteca

A Biblioteca do Centro E.P.A. “Berbés” pretende os seguintes obxectivos:

  • Promover e facilitar á lectura na comunidade escolar.
  • Atender ós préstamos e recepción de libros.
  • Facilitar o traballo de investigación e documentación de profesores e alumnos.

Aula mentor

A Aula Mentor atópase situada no 2º andar do edificio.

Dispón de 8 ordenadores conectados en rede con conexión a internet de alta velocidade.

Así mesmo, dispón do software necesario e actualizado para a realización dos cursos que oferta Aula Mentor.

Salón de actos

Atópase situado no 1º andar e ten unha capacidade para unhas 100 persoas.

Nel lévanse a cabo distintas actividades da vida cultural do centro (clases, exames, conferencias, conmemoracións…)

Outros espazos

  • 6 Aulas
  • 6 Seminarios cos distinos departamentos.
  • Servicio de Orientación.
  • Sala de Profesores
  • Vicedirección/ Xefatura de Estudos
  • Dirección
  • Conserxería
  • Secretaría