A partir do vindeiro mércores 1 de Xullo este será o horario de atención ao público do centro. Para consultas telefónicas pode chamar ao 886 110 976.
Consulte toda a información e os novos prazos de matrícula aquí: PROBAS LIBRES ESO – PROBA LIBRE BACHARELATO.
Calendario de avaliación final para os grupos da ESA e 1º BACH. IMPRESCINDIBLE contactar co profesorado previamente. As probas NON poderán ser presenciais.
INFORMACIÓN importante para todo o alumnado de 2º de BAC. Consulte tamén o PROTOCOLO COVID dirixido a tódolos usuarios do centro.
Están xa dispoñibles as adaptacións das programacións. Asemade, pode consultar información sobre a atención ao público durante este período.
Quedan aprazadas ata novo aviso as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos e a proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos.
Ante as posibles dúbidas deste estado de incertidume, lea o seguinte COMUNICADO DA DIRECCIÓN dirixido a todo o alumnado do centro.
Como medida de precaución fronte o coronavirus, o centro pospón indefinidamente a charla sobre a FP Dual, prevista para hoxe e mañá.
O Xoves 19 de Marzo e o Venres 20 de Marzo NON haberá clase e o centro permanecerá pechado. As clases reanudaranse o luns día 23.