A matrícula debe formalizarse en persoa no centro. Consulte os requisitos, documentación e prazos para cada ensinanza nos seguintes apartados.

Pode descargar os impresos para facer a súa matrícula aquí:

  • Aberta todo o curso (en función das prazas dispoñibles).

Novo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
  • Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade.
  • Dúas fotografías
  • Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)

IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.

Antigo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior)
  • Unha fotografía

Notas Xerais:

O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación e contar coa autorización da Dirección do Centro. Para formalizar a matrícula deben vir acompañados dun titor legal que previamente terá cuberto o impreso correspondente. (Descargar)