Ensinanzas Básicas
Educación de personas adultas. Centro Público de E.P.A. "Artes y Oficios"

EXAMES

-En cada cuadrimestre realizaranse duas probas con carácter bimensual, nelas avalariase as capacidades adquiridas nese periodo.
-No exame final pode recuperar os exames bimensuais suspensos.
-Os que suspenden álgun ámbito no 1º Cuadrimestre  e non o repitan, poden facer unha proba extraordinaria en maio, e os do 2º Cuadrimestre en setembro

Transición do 1º cuadrimestre ó 2º cuadrimestre
-Os alumnos/as que aproban todos os ámbitos pasan o seguinte módulo. A secretaría do Centro fai a xestión.

-Os alumnos/as que suspenden todos os ámbitos  repiten módulo.A secretaría do centro fai a xestión

-Os alumnos/as que suspenden algun ámbito deben indicar en Secretaría, no mes de febreiro, se repiten no 2º Cuadrimestre o ámbito suspenso ou vai presentarse a proba de maio.

Calificacións

-As notas obtidas nos exames bimensuais, teñen carácter só informativo. expoñense no taboleiro de anuncios do Centro, e non se dan telefónicamente.
-Non se pode avaliar dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.
-Os prazos de reclamación das cualificacións obtidas é de tres días despois da data indicada para a súa publicación, recollida ou envio. 

NOTA: ROGAMOS NOTIFIQUE CALQUER CAMBIO DE ENDEREZO

Normas dos exames

-É obrigatorio presentar o DNI para facer os exames.
-Debe deixar fora da aula de exames todo o material que traia con vostede: libros, apuntes, bolsos. móbiles…
-Non pode sair do exame ata transcorridos 15 minutos. Unha vez saia alguén do exame non  pode entrar ninguén máis.
-O alumno/a , cando entregue o exame, debe asinar na lista de asistencia.
-O artígo 51 (apartado d) da Carta de Dereitos e Deberes dos alumnos sinala como falta muy grave e causa de expediente académico a “suplantación da personalidade en actos da vida académica e a falsificación ou sustración de documentos académicos.”
-Os xustificantes de asistencias deben solicitalo ó profesor vixiante correspondente

Centro Público de Educación de Persoas Adultas Berbés
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
e-mail: epa.berbes@edu.xunta.es