Educación Secundaria Presencial
Educación de personas adultas. Centro Público de E.P.A. "Artes y Oficios"

MATRÍCULA

Acceso

-Poderán matricularse, con carácter xeral, as persoas maiores de  18 anos ou que os cumprar antes do 31 de decembro do ano académico correspondente.
-Poderán matricualarse con carácter excepcional, e nos casos que indica a lexislación, os alumnos  menores de 18 anos que teñan autorización da inspección educativa.

Documentación

Secretaría Matrícula

1.- Solicitude de matrícula debidamente cumprimentada.
2.- Fotocopia do D.N.I. / Pasporte / tarxeta residencia
3.- Certificación académica do último centro donde estivo matriculado (deben figurar todos os cursos da E.S.O. feitos). Ou  Libro de Escolaridade e fotocopia das follas dende o último curso aprobado na súa totalidade. Nos dous tipos de documento, se figura promocionado debe sinalar o tipo de promoción aplicado. Antigos alumnos, fotocopia das notas e orixinal  Os quen non teñan documentación académica poden facer unha Proba vía (só nas datas determinadas) para ser adscrito ó nivel correspondente.
4.- Duas fotos tamaño carné: unha delas pegada no carné do centro, que debe estar cuberto e firmado. Outra co nome e apelidos por detrás. . Antigos alumnos, carné do centro e  unha foto co nome e apelidos por detrás.
5,- fotocopia do NUSS ou tarxeta da S.S. (propia do alumno traballador) e pago do seguro escolar, para os menores de 28 anos que se matriculen en 3º ou 4º módulo.
6-declaración xurada de non estar matriculado da misma ensinanza noutro centro.
NOTA: non se admiten matrículas incompletas . Deben traer as fotocopias feitas, no Centro non se fan fotocopias

Validacións

-Só se convalida cursos aprobados na súa totalidade
-Se o alumno/a procede de ensinanzas de adultos convalídanse os ámbitos superados

Transición do 1º cuadrimestre ó 2º cuadrimestre

-Cando finalice o 1º Cuadrimestre debe ter en conta o seguinte:
-Os que aproban todos os ámbitos pasan o seguinte módulo. A secretaría do centro fai a xestión
-Os que suspenden todos os ámbitos  repiten módulo. A secretaría do centro fai a xestión
-Os que suspenden algun ámbito deben indicar en secretaría no mes de febreiro se repiten o ámbito no 2º cuadrimestre ou se opta por facer a proba de maio
-Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior
 

NOTA: non se admiten matrículas incompletas . Deben traer as fotocopias feitas. Non se fan fotocopias

 

Centro Público de Educación de Persoas Adultas Berbés
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
e-mail: epa.berbes@edu.xunta.es