Bachillerato a distancia
Educación de personas adultas. Centro Público de E.P.A. "Artes y Oficios"

MATRÍCULA

Idade

-Calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra no ano natural en que fai a matrícula e aquelas persoas maiores de dezaseis anos que xustifiquen documentalmente que por razóns de traballo, saúde ou outras causas excepcionais non poden acudir a un centro presencial. 

Requisitos Académicos

1º BACHARELATO
Te-lo título de graduado en educación secundaria; ter aprobado o primeiro ciclo do programa experimental da R.E.M.; posuí-lo título de Técnico Auxiliar de FP 1; ter aprobado o segundo curso de BUP con dúas materias non superadas como máximo; ter superados os cursos comúns de estudios de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos; posuí-lo título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio.

2º BACHARELATO
Ter superado 1º de Bacharelato LOE; ter superado 3º de B.U.P e título de Bacharelato; ter superado 3º de FP 2 (réxime de ensinanzas especializadas); ter superado 2º de FP 2 (réxime xeral); ter superado 1º curso dunha modalidade de Bacharel experimental; ter superado 2ª especialidade ou título de graduado en artes aplicadas e oficios artísticos.

Prazo

-Poderase solicita-la matrícula durante o mes de setembro. Consulte as datas.

Impreso

-O sobre cos impresos de matrícula e as instruccións para cubrilo recolleránse e entregaranse, xunto a documentación requirida, na secretaria do Centro.

Matrículas de materias

-Ten opcións diversas para matricularse segundo as necesidades e intereses do alumno/a, e que debe consultar cada caso específico

Elección de materias

-Aínda que o alumno pode configurar un itinerario formativo libremente, se desexa consegui-lo título de bacharelato, debe cursar tódalas materias comúns, seis de modalidade e dúas optativas, dentro dunha opción e dunha modalidade    VER INSTRUCCIÓNS NO SOBRE DE MATRÍCULA

Convalidacións

-Os alumnos/as procedentes da ensinanza de bacharelato presencial ordinaria, con materias pendentes e que se incorporen a esta modalidade de ensinanza, o primeiro ano ten que seguir a normativa propia do Centro do que procede, e dicir, se no Bacheralato ordinario tiiña que repetir, aquí tamén ten que repetir.Sen embargo o número de materias suspensas, na ensinanza a distancia, non obrigan a repetir curso.

Permanencia

-Non existe límite de permanencia nesta modalidade de ensino. O alumno/a pode adapta-lo seu ritmo de traballo ás súas dispoñibilidades de tempo  e  pode matricularse cada curso do número de materias que desexe.

Documentación

1. Impreso de matrícula claramente cuberto con letras maiúsculas.
2. Fotocopia do DNI.
3. 3 fotografías tamaño carné co nome e apelidos e curso escrito por detrás.
4. Certificado dos estudios realizado.
5. Resgardo do pago das taxas do seguro escolar (menores de 28 anos).


Outros documentos que no periodo de matriculación de cada curso académico se indicará.

Non se admiten  matrículas incompletas. debe traer as fotocopias feitas .non se fan fotocopias

Antigos alumnos

1. Impreso de matrícula claramente cuberto con letras maiúsculas.
 2.Resgardo do pago das taxas do seguro escolar (menores de 28 anos).

Outros documentos que no periodo de matriculación de cada curso académico se indicará.

Centro Público de Educación de Persoas Adultas Berbés
Rúa Marqués de Valterra nº 8 - 1º     C.P. 36202 - VIGO
Tlfno: 986 225 579 / Fax: 986 441 599
e-mail: epa.berbes@edu.xunta.es